Monday 29 de April de 2024

Cambre fomenta a actividade física entre os seus maiores grazas a dous novos parques biosaludables


Os parques biosaludables sitúanse en Sigrás e en Cambre

A concellaría de Deportes instalou dous parques biosaludables, un en Cambre e outro en Sigrás. En concreto, trátase dunha ducia de aparatos de ximnasia destinados á mellora e mantendo da condición física. Está pensado para a terceira idade aínda que calquera os pode utilizar, sobre todo se se sofre algunha lesión no aparato locomotor. Ambos os dous parques supoñen un investimento aproximado de 20.000 euros fiananciados exclusivamente pola concellaría de Deportes. O edil de Deportes, Fernando Caride, desprazouse esta mesma mañá cunha monitora especializada para presentar os elementos aos maiores da parroquia de Cambre. Coa chegada da primavera e verán poñerase en marcha un servizo de asesoramento para o bo uso destes aparatos. Tratarase dun programa de actividades físicas que se desenvolverán nos diferentes parques biosaludables do municipio durante a época estival. “Este investimento cumpre un compromiso deste goberno cos nosos maiores co fin de mellorar a súa condición física e a súa saúde a través da actividade física”, apuntou Caride.
As clases estarán baixo a supervisión de monitores especializados, farase un percorrido polas máquinas do parque, realizando os exercicios axeitados a cada unha delas. Os monitores estarán ao mesmo tempo a disposición dos cidadáns que se acheguen ao lugar e desexen resolver algunha dúbida respecto á utilización destes parques. “Este programa clases, dirixidas por un profesor titulado, que se veñen desenvolvendo dende o inicio da lexislatura, fomentan o uso, e preveñen de lesións, mellorando a condicion fisica, e mellorando a saúde dos nosos maiores”. Estes dous novos parques completan a oferta de parques biosaludables en todo o municipio de Cambre no que existen a día de hoxe cinco parques destas ou similares características.